Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 11 de xullo de 2003 Páx. 9.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de contratos de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda dar publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións.

1. Adquisición de equipamento de mobiliario clínico con destino o Hospital Comarcal O Barco de Valdeorras-Ourense. (10 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-03/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento de mobiliario clínico.

c) Lote: 10 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 4, do 8 de xaneiro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

Orzamento: cincuenta e dous mil setecentos sesenta e cinco euros con IVE incluído. (52.765,00 euros con IVE incluído).

LoteDescriciónImporte dos lotes

1Carros diversos servicios10.360,00 euros

2Mobiliario clínico diversos servicios9.170,00 euros

3Vitrinas e armarios3.590,00 euros

4Mobiliario rehabilitación 6.845,00 euros

5Angarellas tratamento rehabiliatación5.150,00 euros

6Mesas de instrumental4.550,00 euros

7Angarellas1.750,00 euros

8Mob. almacenamento mostras e reactivos1.860,00 euros

9Mobiliario quirófanos6.250,00 euros

10Carros transporte material cirúrxico3.240,00 euros

Adxudicacións:

Lote 1 : carros diversos servicios.

a) Data: 7 de maio de 2003.

b) Contratista : Galmédica, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: lote: 1; nove mil corenta euros (9.040,00 euros IVE incluído).

Lote 2: mobiliario clínico diversos servicios.

Lote 3: vitrinas e armarios.

Lote 6: mesas de instrumental.

Lote 10: carros transporte material cirúrxico.

a) Data: 7 de maio de 2003.

b) Contratista: Hidemar Mobiliario, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: lotes: 2, 3, 6 e 10; quince mil catrocentos sesenta e catro con oitenta e cinco euros (15.464,85 euros IVE incluído).

Lote 4: mobiliario rehabilitación.

Lote 5: angarellas tratamento rehabilitación.

a) Data: 7 de maio de 2003.

b) Contratista: Enraf Nonius Ibérica, S.A.

c) Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: lotes 4 e 5; once mil cincocentos cincuenta e nove con setenta euros (11.559,70 euros IVE incluído).

Lote 8: mobiliario almacenamento mostras e reactivos.

a) Data: 7 de maio de 2003.

b) Contratista : Comercial Hospitalario Grupo-3, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: lote : 8; mil oitocentos corenta e oito euros (1.848,00 euros IVE incluído).

En cumprimiento do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase, advirtíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible do recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día siguinte á publicación da presente resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativo.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2003.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos