Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 11 de xullo de 2003 Páx. 9.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOS

ANUNCIO de licitación.

Aprobados polo pleno en sesión do 22-5-2003 os pregos de condicións económico-administrativas particulares que rexerán o concurso con intervención

de xurado para a selección do anteproxecto da nova Casa do Concello, exponse ó público por 8 hábiles seguintes á publicación do correspondente anuncio no último dos boletíns oficiais no que apareza (DOG ou BOP).

Simultáneamente anúnciase o concurso.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mos.

2. Obxecto do contrato: anteproxecto da nova Casa do Concello de Mos.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Obtención de información e documentación: Concello de Mos. Reguengo nº 1 Petelos. 36416-Mos, Pontevedra. Teléfono: 986 33 12 00, telefax: 986 33 66 18.

5. Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no Concello de Mos, durante os 25 días naturais desde o seguinte ó de publicación do presente anuncio no último dos boletíns no que apareza (DOG ou BOP). De 8.00 a 14.00 horas de luns a venres, de 9.30 a 13.00 horas os sábados, no rexistro xeral do concello ou da forma sinalada na cláusula 10 do prego de condicións.

b) Documentación necesaria: as proposicións constarán de:

-Un sobre opaco, único documento que pode revela-la identidade do concursante, que sinalizará no seu exterior o lema de identificación do concursante e expresará a inscrición Datos identificativos do autor. Concurso de ideas con intervención de xurado para a selección do anteproxecto da nova Casa do Concello de Mos.

-O paquete ou paquetes que sexan necesarios coa documentación técnica que especifica no propio artigo 10 dos pregos, e no que soamente se expresará documentación técnica para o concurso de ideas con intervención de xurado para a selección do anteproxecto da nova Casa do Concello de Mos.

6. Apertura das ofertas: o xurado constituirase no prazo de 14 días naturais posteriores a aquel en que finalice o prazo de presentación dos traballos.

7. Criterios de adxudicación.

-Viabilidade técnica.

-Especialmente, contido funcional. Baixo un punto de vista práctico, o novo consistorio deberá satisface-los requirimentos de óptima funcionalidade, flexibilidade, iluminación, acústica e accesibilidade, que derivan da súa dobre condición de edificio de uso público e de centro de traballo administrativo.

-Especialmente, zonas destinadas ó acollemento de público, principalmente o que acuda en demanda de información, presentación de documentación e, en xeral, motivado polas súas necesarias relacións administrativas co concello.

-Aproveitamento da luz e do espacio.

-Tratamento do medio, etc.

-Economía no mantemento e uso de enerxías alternativas.

-Grado de utilización de criterios de innovación tecnolóxica e funcionalidade.

-Nivel de presentación formal.

-Custo (axustado ó orzamento).

-Outros aspectos que o xurado poida considerar relevantes.

-Especialmente, contido estético e solución final adoptada, en un ou varios corpos, buscando unha combinación da interpretación actual e moderna coa imaxe tradicional da casa do concello como representación máxima dos municipios.

-Tamén se valorarán localizacións propostas no propio municipio, considerando neste senso, as comunicacións e accesibilidade do lugar proposto para os veciños, a relación con outros servicios municipais e sedes de organismos oficiais, a súa posible centralidade partindo da previsible expansión urbanística.

8. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

Mos, 30 de maio de 2003.

Ramón Alonso Fernández

Alcalde