Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 11 de xullo de 2003 Páx. 9.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 2 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de resolución de expediente de dilixencias previas 12/2002 a Emilio David González Sánchez del Valle e a Carril Flores, S.L.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, tramitou expediente de dilixencias previas, seguido en virtude de denuncia formulada por Emilio David González Sánchez del Valle, contra a promotora inmobiliaria Carril Flores, S.L., finalizando este trámite con resolución do expediente de dilixencias previas 12/2002.

O citado acordo é do seguinte teor:

Resolución do expediente de dilixencias previas 12/2002.

Vista a denuncia presentada por Emilio David González Sánchez del Valle, como propietario da vivenda 2º E do número 36 da rúa Carril das Flores de Lugo, contra a promotora inmobiliaria Carril Flores, S.L., e despois das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes:

Feitos.

Primeiro.-Que con data do 1 de marzo de 2002, por Emilio David González Sánchez del Valle preséntase denuncia diante desta delegación do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sobre vicios e defectos de construcción no inmoble citado.

Segundo.-Consecuente coa denuncia formulada, abríronse dilixencias previas baixo o nº 12/2002, que finalizaron con requirimento á promotora inmobiliaria Carril Flores, S.L., para que efectuase as reparacións que se sinalaban, concedéndoselle un prazo de 10 días para remisión do proxecto e de 30 días para a execución do mesmo.

Terceiro.-Con data do 29 de maio de 2003, o denunciante presenta escrito mediante o que comunica a reparación das deficiencias denunciadas.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución destas dilixencias previas o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, a teor do disposto no Decreto 134/1997, do 22 de maio.

2. Á vista das actuacións practicadas, procede, conforme o disposto no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (Regulamento de procedemento para o exercicio da facultade sancionadora), o sobresemento das actuacións e o arquivo das mesmas.

Por todo iso,

ACORDA:

Decreta-lo sobresemento das actuacións e o arquivo das mesmas.

Contra o presente acordo poderá interpoñerse recurso de alzada diante do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde a notificación da presente resolución.

Lugo, 2 de xuño de 2003.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo