Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 11 de xullo de 2003 Páx. 9.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 19 de xuño de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica ó interesado o acordo de inicio do procedemento de desafiuzamento por non destinar a domicilio habitual e permanente a vivenda de promoción pública, identificada como expediente PO-3059, conta 9 (DO-003/03).

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das admi

nistracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia na que se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto ó que se notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, a Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na r/ Alcalde Hevia, nº 7, 36071 Pontevedra, nun prazo de dez días contados dende o seguinte ó da publicación desta cédula.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 19 de xuño de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: José Rivas Barros.

Expediente: PO-3059 cta.: 9 (DO-003/03).

Último domicilio coñecido: Barriada San Pedro, 9, ptal. 3, Marín, Pontevedra.

Indicación do contido do acto que se notifica: acordo de inicio do procedemento administrativo de desafiuzamento por non destinar a domicilio habitual e permanente a VPO identificada como expediente, PO-3059 cta. 9 situada na Barriada San Pedro, 9, ptal. 3, Marín, Pontevedra.

Recursos: de conformidade co disposto no artigo 16.1º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, concédese o interesado un prazo de quince días, que se contarán a partir do seguinte ó da notificación do presente acordo para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións estimen adecuadas, e, se é o caso, propoñer proba, concretando os medios dos que pretendan valerse. Poderán, así mesmo, recoñecer expresamente a súa responsabilidade, mediante a entrega das chaves da vivenda na Área Provincial do IGVS de Pontevedra.