Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 11 de xullo de 2003 Páx. 9.288

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a aprobación do acordo da zona de concentración parcelaria de San Vicente e Santa María de Vigo (Carral/Cambre-A Coruña).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de San Vicente e Santa María de Vigo (Carral/Cambre-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 86/1992, do 26 de marzo (DOG nº 65, do 3 de abril).

Primeiro.-Con data 21 de maio de 2003, o director xeral de Infraestructuras Agrarias aprobou o acordo de concentración da zona de San Vicente e Santa María de Vigo (Carral/Cambre-A Coruña), que estará exposto ó público nos concellos de Carral e de Cambre e na zona, durante o prazo de trinta días hábiles, de conformidade co que determina a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro.

Segundo.-Os documentos que se poden examinar nos citados concellos refírense ós predios de reemprazo onde constan as situacións xurídicas derivadas das parcelas de procedencia, as fichas de atribucións, os planos e outros.

Terceiro.-Contra o acordo os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural dentro do prazo de trinta días contados desde a notificación persoal ou publicación substitutiva, na delegación provincial desta consellería (edificio administrativo, praza Luís Seoane, s/n, 6º andar A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 6 de xuño de 2003.

Jesús Collar Urquijo

Delegado provincial da Coruña