Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 11 de xullo de 2003 Páx. 9.285

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o estudio ambiental, a autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, a aprobación do proxecto de execución e o proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto de Parque Eólico de Serra da Loba, situado nos concellos de Aranga (A Coruña) e Guitiriz (Lugo). (Expediente 01/03 DXIEM-EOL).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, por solicitude da empresa Gamesa Energía, S.A., as instalacións que a seguir se describen:

Obxecto de información pública:

Estudio ambiental.

Autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico de Serra da Loba.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Peticionario: Gamesa Energía, S.A.

Enderezo: avda. do Cruceiro da Coruña, 201 A, 15705 Santiago de Compostela.

Emprazamento: Aranga (A Coruña) e Guitiriz (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V (585.000; 4.793.000) V (586.500; 4.793.500)

V (587.000; 4.793.000) V (588.000; 4.794.000)

V (590.000; 4.793.000) V (589.000; 4.791.000)

V (590.000; 4.791.000) V (589.000; 4.790.000)

V (586.500; 4.790.000) V (586.000; 4.792.000)

Características técnicas do parque eólico:

-Nº de aeroxeradores: 18.

-Potencia nominal unitaria: 2.000 kW.

-Potencia total instalada: 36 MW.

-Tipo de aeroxerador: G-80-2 MW.

-Producción neta anual estimada: 83.364 MWh (2.316 horas/ano).

-Orzamento total: 23.104.046 A.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-18 aeroxeradores tipo G-80-2 MW.

-18 centros de transformación de 2.100 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente no interior da torre do aeroxerador coa súa correspondente aparellaxe de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 20/66 kV.

-Subestación transformadora 20/66 kV, para evacuación de enerxía producida no parque eólico Serra da Loba, composta por un transformador principal 20/66 kV de 50/66 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Afección a terreos particulares:

(S.E.): superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

(S.P.): servidume de paso que implica a construcción de camiños e canalizacións subterráneas coas seguintes limitacións de dominio permanentes:

-Dereito de libre paso ou acceso peonil e equipamentos para a construcción, montaxe, supervisión e vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.

-Servidume de paso subterráneo que comprende a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas subterráneas aloxadas en gabias.

-Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudicar os camiños e instalacións.

(S.V.): servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

(P.E.): superficie de protección eólica afectada pola seguinte limitación de dominio:

-Prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 metros (construccións, árbores, postes ou outros).

(O.T.): ocupación temporal dos terreos durante un prazo de 18 meses.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos terreos e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidos, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, nesta dirección xeral sita no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4ª planta, 15771 (Santiago de Compostela) ou ben nas delegacións provinciais da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña e Lugo, no prazo de 30 días contados a partir da última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico da Serra da Loba poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, delegacións provinciais da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña e Lugo, delegacións provinciais da Consellería de Medio Ambiente da Coruña e Lugo e concellos de Aranga (A Coruña) e Guitiriz (Lugo), podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante esta Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ou delegacións provinciais da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña e Lugo, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Rematado o dito prazo, o expediente xunto coas alegacións recibidas, remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

É de facer constar que esta publicación se realizará igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación ou ben cando intentada a notificación, non se puidese realizar.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL