Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 11 de xullo de 2003 Páx. 9.282

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/29).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións eléctricas que a seguir se detallan:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Montemeá-Castizón.

Situación: Aranga.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos e conductor forrado PAS-50, de 759 m de lonxitude coa orixe na liña que alimenta o C.T. Ponte Aranga e final no C.T. Montemeá-Castizón, que se vai instalar. Centro de transformación tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 15-20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión en conductor R.Z., de 70 m de lonxitude, no termo municipal de Aranga.

O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Na fase de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

O propietario do predio nº 7/1, José Freire González, alega que non está conforme co voo da liña sobre a súa leira, posto que o seu paso ocasiona desperfectos nela.

Unión Fenosa Distribución, S.A., manifesta que a perda de valor sufrida na parcela poderá reclamalo, no momento procedemental correspondente, achegando folla de aprecio.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, aproba-lo proxecto de execución e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 4 de xuño de 2003.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións