Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 11 de xullo de 2003 Páx. 9.282

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/249-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares, 23, 36280 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. r/ Marqués de Viana.

Situación: Concello de Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor R.H.V. de 18 m de lonxitude, desde a L.M.T. xeral Salvaterra ata o C.T. que se proyecta, de 400 kVA R.T. 20 kV-230/420 V, na rúa Marqués de Viana de Salvaterra de Miño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 8 de maio de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra