Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 11 de xullo de 2003 Páx. 9.265

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial e calendario laboral do convenio colectivo do sector da pintura.

Visto o expediente da revisión salarial e calendario laboral do convenio colectivo do sector da pintura que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-6-2003, subscrito en representación da parte económica por APECCO, e da parte social pola UGT e CIG o día 3-6-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de xuño de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Acta nº 2 do convenio colectivo do sector da pintura, provincia da Coruña

Asistentes:

Por APECCO:

César Prado Maceiras.

José Ángel Brey Castro.

Oliver Vázquez Llatser.

Antonio Fernández Chao (asesor).

Miguel García Eiroa (secretario).

Por UGT: José Carlos Rodríguez del Río.

Por CIG:

José Luis Rúa Lamas.

Victorino Ares Prado.

Faustino Barcia Santos.

Vicente Moreira Sobrido.

Na cidade da Coruña o 3 de xuño de 2003, ás 17.00 horas, reúnense nos locais de APECCO, os señores que arriba se relacionan, para proceder á revisión económica correspondente ó ano 2002 do convenio colectivo da pintura da provincia da Coruña, así como á negociación do calendario laboral.

Acórdase efectua-la revisión económica correspondente ó año 2002, que é do 1,25%. Actualizadas as táboas salariais quedan da maneira que se indica no anexo.

A actualización dos complementos salariais e extrasalariais queda da seguinte maneira:

-Prima de asistencia e puntualidade: axudantes e peóns: 4,67 euros (por día efectivo de traballo). Oficiais de 1ª e 2ª: 5,92 euros.

-Complemento de altura (por día ou fracción): 1,79 euros.

-Lavado de roupa (ó mes): 1,27 euros.

-Axuda de custos: 21,98 euros.

-Media axuda de custos (fóra da localidade ou residencia): 6,59 euros.

-Desprazamento (fóra do termo municipal a menor distancia de 10 km): 2,34 euros.

-Complemento de transporte (por día efectivo de traballo): 5,52 euros.

A parte patronal propón como festivos de convenio para o ano 2003 os que a seguir se relacionan: 6 e 31 de xullo. 7 e 28 de novembro. 5, 24, 26 e 31 de decembro. O 30 de decembro 4 horas.

Pola súa banda, os sindicatos propoñen os seguintes:

24 de xullo. 14 de agosto. 6, 8 e 31 de outubro. O 5 de decembro 4 horas. 24, 26 e 31 de decembro.

Finalmente apróbase o seguinte calendario laboral para o 2003:

24 de xullo.

6 e 31 de outubro.

28 de novembro.

5, 24, 26 e 31 de decembro.

O 30 de decembro 4 horas.

Como a representatividade das centrais sindicais UGT e CIG supera a porcentaxe esixida polo artigo 89.3º do Estatuto dos traballadores, queda aprobada a revisión para o 2002 e o calendario laboral de 2003.

Facúltase a Miguel García Eiroa, secretario, para a presentación dos mencionados acordos ante a dele

gación provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, para efectos da súa homologación e posterior publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

En proba de conformidade, asínase esta acta no lugar e a data arriba indicados.

ANEXO

Táboa revisada de 2002

Categoría Salario díaSalario mesPaga de veránPaga de Nadal

* Administrativos:

Xefe de primeira e peritos1.025,56 1.456,77 1.456,77

Oficial de primeira797,32 1.132,66 1.132,66

Oficial de segunda731,64 1.039,40 1.039,40

Auxiliar656,97 933,36 933,36

Auxiliar axudantes508,02 721,85 721,85

* Operarios:

Oficial de primeira19,51 834,59 834,59

Oficial de segunda19,12 817,64 817,64

Axudante18,80 804,18 804,18

Peóns18,12 775,23 775,23

CategoríaEuros/ano

Persoal administrativo:

Xefe de primeira e peritos16.455,19

Oficial de primeira13.067,91

Oficial de segunda12.093,19

Auxiliar10.985,16

Auxiliar axudante8.774,83

* Persoal obreiro:

Oficial de primeira11.476,25

Oficial de segunda11.301,11

Axudante10.850,44

Peóns10.543,98