Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 09 de xullo de 2003 Páx. 9.187

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

EDICTO do 16 de xuño de 2003 polo que se lle comunica á empresa Portoflor, S.L. o acordo de inicio de incumprimento do expediente I1/97.0182.6620.N.97000128, relativo a axuda ó abeiro do convenio de apoio financeiro ás Pemes 1997.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente edicto ponse en coñecemento da empresa Portoflor, S.L., titular do expediente I1/97.0182.6620.N.97000128, relativo a axuda ó abeiro do convenio de apoio financeiro ás Pemes (Resolución do 28 de febreiro de 1997, DOG nº 58, do 25 de marzo) que, con data do 21 de abril de 2003, o presidente do Igape acordou o inicio do expediente de incumprimento por constar unicamente acreditado un investimento de 120.655,42 A fronte ós 133.459,63 A comprometidos, non consta-la acreditación do emprego comprometido e porque a empresa figura dada de baixa con data do 30 de xuño de 2000 na AEAT no epígrafe 6122, que é o que consta como subvencionable no expediente, polo que se produciría a perda da subvención desde a data de baixa; prócedese, polo tanto, a iniciar procedemento de incumprimento das condicións de concesión da axuda outorgada co obxecto de determina-lo

seu alcance, que poderá dar lugar ó reintegro das cantidades indebidamente percibidas, que serían de 5.791,31 A, e a modificación da resolución de concesión, e suspenderase o aboamento da subsidiación concedida ata a resolución do expediente de incumprimento.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Concédeselle un prazo de quince días hábiles desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia para presentar alegacións co fin de xustifica-la non procedencia deste presunto incumprimento. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo, sito en Santiago de Compostela, complexo administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica