De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente edicto ponse en coñecemento da empresa Euroblincer, S.L. titular do expediente AF008.2001.1.9 relativo a axuda ós proxectos empresariais de investimento (Resolución do 13 de xullo de 2001, DOG nº 142, do 23 de xullo), que con data do 27 de marzo de 2003, a directora da Área de Financiamento do Igape resolveu o arquivo do expediente, por non manifesta-la súa aceptación á resolución de concesión de subvención con data do 18 de decembro de 2002 no prazo establecido na base 9ª.1 da Resolución do 13 de xullo de 2001 e de acordo co artigo 91.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A resolución de arquivo esgota a vía administrativa e contra ela poden interpor potestativamente recurso de reposición ante o Consello de Dirección do Igape no prazo máximo dun mes desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, ou directamente
recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo no prazo máximo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2003.
Margarita Rodríguez Rama
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción
Económica