De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente edicto ponse en coñecemento da empresa
Confecciones Lismar, S.L. titular do expediente AF013.2001.1.11 relativo a axudas de reestructuración (Resolución do 13 de xullo de 2001, DOG nº 142, do 23 de xullo), que con data do 8 de abril de 2003, a directora da Área de Financiamento do Igape resolveu o arquivo do expediente, por non ter achegada a documentación preceptiva para a tramitación da solicitude de axuda de data do 31 de xullo de 2002.
Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A resolución de arquivo esgota a vía administrativa e contra ela poden interpor potestativamente recurso de reposición ante o Consello de Dirección do Igape no prazo máximo dun mes desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo no prazo máximo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2003.
Margarita Rodríguez Rama
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción
Económica