Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 09 de xullo de 2003 Páx. 9.187

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2003 pola que se ordena a publicación da declaración da alienabilidade de varios inmobles da Universidade de Vigo.

Por resolución da Universidade de Vigo do 26 de xuño de 2003, e cumpridos os trámites legais oportunos, ordénase a publicación da desafectación do dominio público de varios inmobles da Universidade de Vigo.

Unha vez publicada a anterior resolución e tendo en conta que o Consello de Goberno da Universidade de Vigo en sesión celebrada en data 22 de maio de 2003 aproba a alienabilidade dos bens que se recollen neste documento, que o dito acordo foi ratificado polo claustro desta universidade en reunión do día 6 de xuño de 2003 e tendo en conta que na reunión do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo celebrada o 23 de xuño de 2003 se aprobou a declaración de alienabilidade dos bens inmobles abaixo descritos.

Este rectorado, examinados os sinalados antecedentes,

RESOLVE:

A publicación da declaración de alienabilidade dos bens inmobles que se describen a seguir:

* Inmobles sitos na rúa Areal, nº 50 de Vigo.

-Predio número un. Trinta e dous enteiros catrocentas milésimas sobre cen (32,400%) do predio número un. As cotas transmitidas do local número un concrétanse e dan dereito á utilización e desfrute en exclusiva das prazas de garaxe números vinteseis, vintesete, vinteoito, vintenove, trinta e trinta e un.

Inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Vigo, tomo 986, folio 19.

-Predio número catro. Local comercial sito na planta baixa do edificio con fronte á zona porticada. Ocupa unha superficie de vintenove metros cincuenta decímetros cadrados no baixo e catrocentos catorce metros cadrados no entresollado.

Inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Vigo, tomo 980, folio 150.

-Predio número cinco. Local comercial sito na planta baixa do edificio con fronte á zona porticada. Ocupa unha superficie de oitenta e un metros corenta decímetros cadrados.

Inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Vigo, tomo 980, folio 152.

-Predio número seis. Local comercial sito na planta baixa do edificio con fronte á parcela cedida ó concello. Ocupa unha superficie de sesenta metros cadrados.

Inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Vigo, tomo 980, folio 154.

-Predio número trinta e dous. Oficina letra «B» sita na planta primeira con acceso polo portal número dous. Ocupa unha superficie de cincuenta e un metros cadrados aproximandamente, distribuída en dous despachos, sala de espera e aseo.

Inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Vigo, tomo 980, folio 206.

-Predio número trinta e catro. Oficina letra «B» sita no segundo andar con acceso polo portal número dous. Ocupa unha superficie de cincuenta e un metros cadrados aproximadamente, distribuídos en dous despachos, sala de espera e aseo.

Inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Vigo, tomo 980, folio 210.

-Predio número trinta e seis. Oficina letra «B» sita no terceiro andar con acceso polo portal número dous. Ocupa unha superficie de cincuenta e un metros cadrados aproximadamente, distribuídas en dous despachos, sala de espera e aseo.

Inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Vigo, tomo 980, folio 214.

-Predio número trinta e oito. Oficina letra «B» sita na planta cuarta con acceso polo portal número dous. Ocupa unha superficie de cincuenta e un metros cadrados aproximadamente, distribuídas en dous despachos, sala de espera e aseo.

Inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Vigo, tomo 980, folio 218.

-Predio número corenta. Oficina «B» da planta quinta con acceso polo portal número dous. Ocupa unha superficie de corenta metros cadrados aproximadamente, distribuída nun despacho e aseo.

Inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Vigo, tomo 980, folio 222.

-Predio número trinta e un. Oficina letra «A» sita na planta primeira con acceso polo portal número dous. Ocupa unha superficie de cincuenta e cinco metros cadrados aproximadamente, distribuída en tres despachos, sala de espera e aseo.

Inscrita no Rexistro da Propiedade número un, tomo 980, folio 204.

Predio número trinta e tres. Oficina letra A sita no segundo andar con acceso polo portal número dous. Ocupa unha superficie de cincuenta e cinco metros cadrados aproximadamente, distribuída en tres despachos, sala de espera e aseo.

Inscrita no Rexistro da Propiedade número un, tomo 980, folio 208.

-Predio número trinta e cinco. Oficina letra «A» sita no terceiro andar con acceso polo portal número dous. Ocupa unha superficie de cincuenta e cinco metros cadrados aproximadamente, distribuída en tres despachos, sala de espera e aseo.

Inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Vigo, tomo 980, folio 212.

-Predio número trinta e sete. Oficina letra «A» sita no cuarto andar con acceso polo portal número dous. Ocupa unha superficie de cincuenta e cinco metros cadrados aproximadamente, distribuída en tres despachos, sala de espera e aseo.

Inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Vigo, tomo 980, folio 216.

-Predio número trinta e nove. Oficina letra «A» sita no quinto andar con acceso polo portal número dous. Ocupa unha superficie de cincuenta e cinco metros cadrados aproximadamente, distribuída en tres despachos, sala de espera e aseo.

Inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Vigo, tomo 980, folio 220.

-Predio número corenta e un. Oficina «A» sita no sexto andar con acceso polo portal número dous. Ocupa unha superficie de cincuenta e cinco metros cadrados aproximadamente, distribuída en tres despachos, sala de espera e aseo.

Inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Vigo, tomo 980, folio 224.

Predio sito na estrada provincial nº 12.

-Predio urbano sito no nomeamento de Couto, termo municipal de Vigo, con unha superficie de novecentos trece metros cincuenta e tres decímetros cadrados, dentro do perímetro do cal existe un edificio, de semisoto, baixo, entresollado e dous andares máis superiores, con unha superficie total de 2.486 m. Linda no norte coa estrada provincial; sur, de Bóvedas e Armaduras de Hormigón, S.L.; leste, propiedade de Ángel Caride e de José Carreiro Alejos.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vigo número un, no tomo 1.006 de Vigo, folio 131 volto, predio número 27.447, inscrición 13ª.

Vigo, 30 de xuño de 2003.

Por suplencia (Resolución 24-6-2003)

Salustiano Mato de la Iglesia

Vicerrector de Investigación da Universidade

de Vigo