Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 09 de xullo de 2003 Páx. 9.161

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (298/2002).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 298/2002, se dictou esta sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

En Santiago de Compostela o 26 de decembro de 2002, Carlos López Picón, xuíz substituto do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, pronunciou en nome de El-Rei a seguinte sentencia:

Vistos os presentes autos de xuízo de faltas nº 298/2002, seguidos por danos, en que son parte o Ministerio fiscal en representación da acción pública, e como denunciante Carlos Manuel Villar Rivas, con domicilio na avda. Rosalía de Castro, nº 72, portal 3, 5º A, O Milladoiro, Ames (A Coruña), e como denunciado Urbano Valiño Mallou, con domicilio na avda. Rosalía de Castro, nº 72, portal 3, 1º B, O Milladoiro, Ames (A Coruña).

Antecedentes de feito

Primeiro.-Por quenda de repartición recibíronse neste xulgado as presentes actuacións, que se iniciaron por denuncia perante a Comisaría de Policía Nacional de Santiago de Compostela, sobre danos. Previos os trámites legais e declarados os feitos falta, dictouse resolución na que se sinalou o día 17 de decembro ás 12.15 horas, para a celebración do correspondente xuízo verbal de faltas, procedéndose

a citar legalmente as partes e o Ministerio Fiscal, para o día e hora sinalados, chegado o cal se celebrou o acto con comparecencia do denunciante e o representante do Ministerio Fiscal, co resultado que figura na acta levantada para o efecto.

Segundo.-No acto de celebración do xuízo verbal de faltas, o denunciante prestou declaración, sen que se propuxera ningunha proba sobre os feitos denunciados, sendo solicitadas polo Ministerio Fiscal na fase de conclusións, a condena do denunciado como autos responsable dunha falta de danos tipificada no artigo 625 do Código Penal, á pena de dez días de multa, a razón de seis euros diarios e a que indemnice o denunciante Carlos Manuel Villar Rivas no valor que se determine en execución de sentencia pola pechadura reposta, coa responsabilidade persoal subsidiaria establecida no artigo 53.1º do mesmo texto legal dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non pagadas.

Terceiro.-Que na tramitación deste procedemento se observaron tódalas prescricións legais.

Feitos probados

Único.-Que sobre as 20 horas do día 21 de xuño de 2002, o denunciante Carlos Manuel Villar Rivas escoitou uns pasos na planta dos rochos no edificio nº 52 do Milladoiro-Ames, onde ten o seu domicilio no piso 5º A, e posteriormente uns golpes, polo que inmediatamente subiu a ve-lo que sucedía, momento no que observou que a pechadura do seu rocho estaba esnaquizada. Na dita planta estaba o seu veciño, o denunciado Urbano Valiño Mallou, cunhas luvas na man, polo que preguntou o motivo polo cal estaba a carón do seu rocho, contestándolle este que estaba subindo uns mobles

No acto de celebración do xuízo non se propuxo nin practicou ningún medio de proba.

Fundamentos xurídicos

Único.-Que dos feitos denunciados e que ocasionaron a rotura da pechadura do rocho propiedade do denunciante, o que non se pon en dúbida que así acontecese na data de autos, non se pode deducir, ante a ausencia de falta de proba plena da acusación, que o autor responsable dos danos ocasionados na pechadura se lle poidan imputar ó denunciado, pois o simple feito de estar na planta dos rochos, cunhas luvas na man, e sendo tamén veciño do inmoble, e propietario dun dos rochos, pois as circunstancias concorrentes non son elementos de proba suficientes como para considera-lo denunciado como autor dos feitos sucedidos. Pois tendo en conta que o sistema penal español esixe para a imposición de condena penal a proba plena da acusación, e tendo en conta o practicado no acto de xuízo, consistente tan só na reproducción dos feitos denunciados, sen que se propuxese e practicase ningunha proba plena e concluínte acreditativa da autoría, xurdindo a dúbida na convicción do xulgador, de que se lle

poida imputa-la comisión dos feitos ó denunciado por insufi

ciente actividade probatoria de cargo. É polo que en aplicación do principio penal in dubio pro reo e o constitucional de presunción de inocencia establecido no artigo 24 da nosa lei suprema, procede dictar sentencia absolutoria.

Segundo.-As custas decláranse de oficio, conforme o disposto no artigo 123 do Código Penal e no artigo 240 da LECr.

Vistos os preceptos legais citados e demais de pertinente aplicación.

Decido que debo absolver e absolvo o denunciado Urbano Valiño Mallou como autor responsable da falta de danos que se lle imputaba, declarando as custas de oficio.

Notifíquese esta sentencia ás partes, facéndolles saber que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación perante este xulgado e para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para os efectos oportunos, expido este edicto en Santiago de Compostela o 2 de xaneiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Urbano Valiño Mallou, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o catro de xuño de dous mil tres.

O secretario

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA