Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 09 de xullo de 2003 Páx. 9.162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado 172/2003, interposto por Adriana Martín Santamaría.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela providencia pola que se admite a trámite a demanda tramitada polo procedemento abreviado 172/2003, formulada por Adriana Martín Santamaría, contra resolución da Con

sellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 21 de marzo de 2003, pola que se desestima o recurso de alzada en relación coa pregunta nº 35 do terceiro exercicio (proba práctica) da fase de oposición do proceso selectivo para o acceso á categoría 2 (ATS e outros) do grupo II do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela no prazo de 9 (nove) días, contado desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública