Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 09 de xullo de 2003 Páx. 9.157

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2003 pola que se nomea catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de fundamentos da análise económica, do departamento de Análise Económica e Administración de Empresas, a María Isabel Novo Corti.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 27 de novembro de 2001 (BOE do 13 de decembro), para a provisión da praza número 01/230 de catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de fundamentos da análise económica, do departamento de Análise Económica e Administración de Empresas desta universidade, a favor de María Isabel Novo Corti, e unha vez que a interesada acreditou os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Isabel Novo Corti catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de fundamentos da análise económica, do departamento de Análise Económica e Administración de Empresas desta universidade.

A Coruña, 19 de xuño de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña