Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 09 de xullo de 2003 Páx. 9.157

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2003 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de catedrático de escola universitaria convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e o vocais secretarios por esta universidade, e realizado o oportuno sorteo establecido no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Coordinación Universitaria os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza número 01/178, de catedrático de escola universitaria desta universidade, convocado por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), comisión que se cita como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 19 de xuño de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento: otorrinolaringoloxía.

Praza nº: 01/178.

Comisión titular:

Presidente: Quesada Marín, Pedro, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Secretario: Pernas Puente-Penas, Juan Antonio, catedrático de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

Palomar García, Víctor Manuel, catedrático de universidade. Universidade de Lleida.

Sánchez Fernández, José María, catedrático de universidade. Universidade do País Vasco.

Sprekelsen Gasso, Carlos, catedrático de universidade. Universidade de Murcia.

Comisión suplente:

Presidente: Gil-Carcedo García, Luis María, catedrático de universidade. Universidade de Valladolid.

Secretario: Rueda Chemeno, Juan Carlos, catedrático de escola universitaria. Universidade de Vigo.

Vocais:

Suárez Nieto, Carlos, catedrático de universidade. Universidade de Oviedo.

Bartual Pastor, Juan, catedrático de universidade. Universidade de Cádiz.

Basterra Alegría, Jorge, catedrático de universidade. Universidade de Valencia (Estudi General).