Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 09 de xullo de 2003 Páx. 9.157

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2003 pola que se integra a Pedro Gea Vázquez, como funcionario do corpo de profesores numerarios de escolas oficiais de náutica, no corpo de profesores titulares de universidade.

A Lei orgánica de universidades 6/2001, do 21 de decembro, establece na súa disposición transitoria sétima que: «Os funcionarios do corpo de profesores numerarios de escolas oficiais de náutica, declarado a extinguir polo punto 9 da disposición adicional décimo quinta de Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, na redacción dada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo, non integrados dentro do corpo de profesores titulares de universidade en virtude do establecido na citada lei, quedan integrados nas súas propias prazas, no denvandito corpo, sempre que estean en posesión do título de doutor, ou cando o obteñan no prazo de cinco anos, contados a partir da publicación desta lei».

Unha vez acreditado polo profesor Pedro Gea Vázquez, funcionario do corpo de profesores numerarios de escolas oficiais de náutica, a extinguir, estar en posesión do título de doutor, este rectorado, no uso das facultades que lle confiren a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e os estatutos desta universidade, resolveu integralo no corpo de profesores titulares de universidade na área de coñecemento de construccións navais, departamento de Ciencias da Navegación e da Terra, desta universidade, con efectos do 10 de maio de 2003.

Contra esta resolución, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pódese interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante este rectorado no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses na forma e condicións previstas na Lei reguladora de dita xurisdicción, contados a partir do día seguinte ó da recepción desta notificación.

A Coruña, 9 de xuño de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña