Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 08 de xullo de 2003 Páx. 9.127

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación do servicio de apoio técnico ás oficinas de emprego das delegacións da consellería e ós servicios centrais do Servicio Galego de Colocación. (Expediente 26/2003).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: apoio técnico ás oficinas de emprego das delegacións da consellería e ós servicios centrais do Servicio Galego de Colocación.

b) División por lotes e número: lote 1. Apoio técnico ás oficinas de emprego das provincias da Coruña e Lugo; lote 2. Apoio técnico ás oficinas de emprego das provincias de Ourense e Pontevedra; lote 3. Apoio técnico ós servicios centrais do Servicio Galego de Colocación.

c) Lugar de execución: Comunidade Autónoma galega.

d) Prazo de execución ou data límite de entrega (meses): 12.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto, concurso.

4. Orzamento: 237.600 euros (douscentos trinta e sete mil seiscentos euros, IVE incluído)

Lote 1: 79.200 A.

Lote 2: 79.200 A.

Lote 3: 79.200 A.

5. Garantías:

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Edificio Administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 56 50, fax: 981 54 29 08. w.w.w.xunta.es/contratación

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: para concorrer a un único lote non se esixe clasificación; para concorrer a dous ou máis lotes é necesario acredita-la seguinte clasificación: grupo V, subgrupo 3 ou 5, categoría B, ou ben grupo III, subgrupo 3 ou 7, categoría B.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Ver punto 6.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería, situada no enderezo indicado no punto 6, ás 9.30 horas o sétimo día natural seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos dos anuncios: 9,56 euros por liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2003.

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais