Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 08 de xullo de 2003 Páx. 9.127

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación dunha consultoría para a elaboración dun plan estatístico do mercado laboral en Galicia e dun sistema permanente de indicadores estatísticos. (Expediente 28/2003).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: elaboración dun plan estatístico do mercado laboral en Galicia e dun sistema permanente de indicadores estatísticos.

b) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución ou data límite de entrega (meses): 24.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, concurso.

4. Orzamento: 215.000 euros (douscentos quince mil euros, IVE incluído).

5. Garantía:

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais. Edificio administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela. Tfno.: 981 54 56 50, fax: 981 54 29 08. w.w.w.xunta.es/contratacion

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Ver punto 6.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no enderezo indicado no punto 6 ás 9.30 horas do sétimo día natural seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións.

10. Gastos dos anuncios: 9,56 euros por liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2003.

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais