Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 08 de xullo de 2003 Páx. 9.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 143/2003.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución nesta Delegación Provincial da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 2003/143.

Acta Inf. nº 166/2003.

Empresa: Changuiña, S.L.

NIF/DNI: B-15772726.

Enderezo: avda. Constitución, 26 baixo (Boiro).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 1.503 euros.

Resumo da acta de infracción:

Unha vez visitado o centro de traballo da empresa sito na avda. da Constitución, 26 baixo (Boiro) requiriuse á empresa para que presentase xustificación das modalidades adoptadas na organización dos recursos para as actividades preventivas, non presentando xustificante ningún e carecendo de todo servicio de prevención propio ou alleo, e sen ter designado a ningún traballador para ocuparse da actividade preventiva na empresa en representación desta.

Vulnéranse os artigos 4 a) d) e 19.1º do Real decreto lexislativo 1/1995; artigos 14 e 30.1º e 2º da Lei 31/1995, en relación cos artigos 10, 12 e 16 do Real decreto 39/1997.

Falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 12.15º e 39, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Documentos que constan nos expedientes:

-Actas de infracción.

-Xustificantes das notificacións.

A Coruña, 5 de xuño de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña