Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 08 de xullo de 2003 Páx. 9.121

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador PO-A-2002/25 (animais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución dictada pola instructora no expediente que, por infracción á Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, se está a tramitar nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se apro

ba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, nº 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 30 de maio de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-A-2002/25.

Denunciado: Javier Segura González.

Enderezo: r/ Miguel de Unamuno, nº 20 de Linaos-Jaén.

DNI: 26239901-Y.

Feitos denunciados: ser propietario dun circo e non levar libro de rexistro dos animais. Feitos denunciados o día 8 de xullo do 2002, xunto á Casa da Cultura, municipio da Cañiza.

Data do acordo da incoación: 30-10-2002.

Precepto infrinxido: infracción grave do artigo 21.f) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, en relación co artigo 42 do Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento que desenvolve a Lei 1/1993, do 13 de abril.

Precepto sancionador: artigo 24 da Lei 1/1993, do 13 de decembro, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Sanción: 300,51 euros.