Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 08 de xullo de 2003 Páx. 9.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador en materia de pesca fluvial P-43/2003, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG do 6-2-2002), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Nómease instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López e secretaria a Marta Joaquín Tersado, funcionarias desta delegación provincial, podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de concorreren os supostos legais.

Os interesados diporán dun prazo de quince días (15), contandos a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegaren por escrito cantas

alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenintes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuaránse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pago voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados, que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70-2º baixo.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 14 de maio de 2003.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: P-43/2003.

Denunciado: Francisco Muñoz Membrilla.

DNI: 09980631-B.

Enderezo: r/ Mijoo, nº 3-2º. Ponferrada-León.

Feito denunciado: non respecta-las limitacións de tamaño fixadas pola Consellería de Medio Ambiente ó ter capturado nove troitas de tamaño inferior ó regulamentario (1-18 cm; 1-17, 5 cm; 1-17 cm; 5-15, 5 cm; 1-15 cm). Feitos constatados o día 13-4-2003, ás 15.35 h no couto Pontes de Gatín-A Estrada. Cervantes. Lugo.

Precepto sancionador: artigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación: leve.

Sanción: 60,10 euros.

Indemnización por danos e perdas de 90,15 euros.