Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 08 de xullo de 2003 Páx. 9.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, pola que se anuncia o concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a subministración de equipos informáticos para as delegacións provinciais desta consellería.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes resolve anunciar concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 14/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de equipos informáticos para delegacións provinciais.

b) Lugar de execución: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra.

c) Prazo de execución: 20 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 180.000,00 A.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: si (4% do orzamento da adxudicación).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: rexistro xeral da consellería.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: información de índole administrativa: 981 54 46 80-981 54 46 52.

Información de índole técnica: 981 54 56 51.

e) Telefax: 981 54 56 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata remata-lo prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2770

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: oito (8) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas xuntarase grampado no exterior do sobre «A» o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

2. Domicilio: San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

(Ou na forma establecida segundo o prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o oitavo día hábil seguinte ó de remata-lo prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 xullo de 2003.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte

e Voluntariado