1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro-Subdirección Xeral de Xestión e Investigación Mariña.
c) Número de expediente: 164; referencia: 2003-12-417.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: adquisición e instalación de mobiliario para centros de ensino.
b) Número de unidades que se entregarán: segundo o prego de prescricións técnicas.
c) División por lotes e número: non hai lotes.
d) Lugar de entrega: segundo o prego de prescricións técnicas.
e) Prazo de entrega: 15 días.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación. Importe total: 36.126,00 euros.
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Subdirección Xeral de Xestión e Investigación Mariña.
b) Enderezo: Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: 981 54 61 52.
e) Fax: 981 54 61 38.
f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo a folla de especificacións.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás 14.00 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás 14.00 horas do primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
2. Enderezo: edificio Administrativo San Caetano.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
No caso de envía-la proposición por correo, deberá xustificarse a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telegrama ou télex no mesmo día.
d) Prazo durante o que o licitador se obriga a mante-la súa oferta: 3 meses.
e) Admisión de variantes: segundo a folla de especificacións.
9. Apertura de ofertas:
a) Entidade: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o décimo día natural contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.
e) Hora: 10 horas.
10. Os gastos de publicación dos distintos anuncios serán por conta do adxudicatario.
11. Páxina web onde se poden obte-los pregos: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2694
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2003.
Rosa Mª. Quintana Carballo
Directora xeral de Innovación
e Desenvolvemento Pesqueiro
CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE
E VOLUNTARIADO