Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 08 de xullo de 2003 Páx. 9.121

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador PO-I-03/008 e outro máis (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento, do 23 de decembro.

O denunciado poderá presentar nun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, as alegacións que considere convenientes, participándolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo, no Servicio Técnico Xurídico, sito en Benito Corbal, 47, 5ª planta, (Pontevedra), conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 12 de xuño de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: PO-I-03/008.

Denunciado: Anthony Jon Benn.

Último enderezo coñecido: Pozo Piñeiro, s/n. 36900-Marín.

Feito denunciado: abandono dun vehículo en zona forestal.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do regulamento da LIF.

Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento da LIF.

Sanción: 300,51 euros.

-Expediente:: PO-I-03/057.

Denunciado: Ignacio Blanco González.

Último enderezo coñecido: Roa de la Vega, 14-3º C, León.

Feito denunciado: abandono dun vehículo en zona forestal.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do regulamento da LIF.

Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento da LIF.

Sanción: 300,51 euros.