Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 08 de xullo de 2003 Páx. 9.102

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/46-2, 6016 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Cartea.

Situación: Ribeira de Piquín.

Descricións técnicas: L.M.T. con orixe en L.M.T. a C.T. Dos Vaos e final en C.T. de Cartea cunha lonxitude de 670 m cun total de 4 apoios metálicos e 2 de formigón. Tensión nominal 20 kV.

C.T. tipo intemperie de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

R.B.T. con orixe en C.T. de Cartea e lonxitude 575 m número de apoios 13.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 21 de maio de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo