Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 08 de xullo de 2003 Páx. 9.103

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/326-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Título: L.M.T.S. Camiño dos Arrieiros.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV con conductor tipo R.H.V., de 80 m de lonxitude, con orixe na L.M.T.S. SDM 7.05 á altura do Camiño dos Arrieiros e remate no punto de orixe alimentado en bucle un C.S. particular no Camiño dos Arrieiros, no concello de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 26 de maio de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra