Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 08 de xullo de 2003 Páx. 9.102

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/99-2, 5884 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T., subterránea C.T. de 630 kVA e R.B.T. subterránea en Ronda Norte s/n.

Situación: Lugo.

Características técnicas: -L.M.T. subterránea a 20 kV de 50 m de lonxitude conductor tipo R.H.Z. con orixe en C.T. Garabolos e final en C.T. Ronda Norte.

-L.M.T. subterránea a 20 kV de 170 m de lonxitude conductor tipo R.H.Z. con orixe no C.T. r/ Ronda Norte e final en C.T. Enebros.

-L.M.T. subterránea a 20 kV de 110 m de lonxitude conductor tipo R.H.Z. con orixe no C.T. Garabolos e final no C.T. Enebros.

-C.T. de 630 kVA de potencia e relación de transformación de 20.000/380-220 V.

-R.B.T. subterránea de 40 m de lonxitude conductor tipo R.V. con orixe en C.T. de Garabolos e final en avda. da Coruña.

-R.B.T. subterránea de 85 m de lonxitude conductor tipo R.V. con orixe en C.T. r/ Ronda Norte e final en Ronda Norte e avda. da Coruña.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 21 de maio de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo