Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: L.M.T. e C.T. en rúa Guitiriz.
Situación: Vilalba.
Características técnicas: -L.M.T.S. a 20 kV, con unha lonxitude de 42 m, conductor tipo R.H.Z., con orixe nunha arqueta da L.M.T.S. existente e final en C.T. proxectado rúa Guitiriz.
-C.T. de 630 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.
-L.B.T.S. de 12 m de lonxitude e conductor tipo R.V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Lugo, 20 de maio de 2003.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo