Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 08 de xullo de 2003 Páx. 9.101

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/78-2, 5865 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. aérea-subterránea subestación a Pontenova.

Situación: A Pontenova.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 0,111 km de lonxitude conductor tipo L.A.-110 con orixe en L.M.T. existente A Pontenova-Maraido-Santo Adrao e final en L.M.T. subterránea a C.T. centro escolar.

L.M.T. subterránea a 20 kV de 0,279 km de lonxitude conductor tipo R.H.V. con orixe en C.T. Río Eo e final en C.T.C. A Pontenova.

L.M.T. subterránea a 20 kV de 0,029 km de lonxitude conductor tipo R.H.V. con orixe en arqueta nº 6 da L.M.T. subterráea C.T. Río Eo-C.T.C. A Pontenova e final en arqueta nº 11.

L.M.T. subterránea a 20 kV de 0,056 km de lonxitude conductor tipo R.H.V. con orixe en C.T.C. A Pontenova e final en L.M.T. aéreas existentes a Meira e Riotorto (paso aérosubterráneo).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 20 de maio de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo