Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 08 de xullo de 2003 Páx. 9.100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente das obras de ampliación de aulas no EEI da Pastora-Cambados, e outra.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Centro directivo: Delegación Provincial de Pontevedra.

2. Obxecto do contrato.

2.1. a) Descrición do obxecto: ampliación de aulas no EEI da Pastora-Cambados.

b) Prazo de execución: 2 meses.

c) Orzamento da obra: 66.405,67 euros, IVE incluído.

d) Fianza provisional: non se esixe.

e) Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

f) Clasificación: non se esixe.

g) Variantes: só se admitirá como variante a reducción do prazo de execución.

h) Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte emderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2773

2.2. a) Descrición do obxecto: construcción de novo ximnasio e reforma do actual para aula de usos múltiples no IES Fermín Bouza Brey-Vilagarcía de Arousa.

b) Prazo de execución: 4 meses.

c) Orzamento da obra: 213.377,88 euros, IVE incluído.

d) Fianza provisional: non se esixe.

e) Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

f) Clasificación: grupo C, subgrupos 2, 3, 4 e 9, categoría D.

g) Variantes: só se admitirá como variante a reducción do prazo de execución.

h) Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2775

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, antes das 14.00 horas do décimo terceiro día natural a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: nos sobres «A», «B» e «C» a documentación establecida no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, a partir das 9.00 horas do terceiro día natural seguinte o do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Programación e Contratación da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria, sito na avda. Montero Ríos, s/n, Pontevedra, teléfono: 986 80 59 06.

Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 30 de xuño de 2003.

José Antonio Fraga Boullosa

Delegado provincial de Pontevedra