Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 07 de xullo de 2003 Páx. 9.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO.

A asemblea xeral de propietarios integrados na xunta compensación do polígono único do solo urbanizable do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Verín, que tivo lugar o 1 de maio de 2003, aprobou inicialmente o proxecto de compensación do citado polígono, elaborado por instancia do propietario maioritario da devandita xunta de compensación Primosca, S.L.

Así mesmo, acordouse instar do Concello a aplicación do procedemento de ocupación directa da parcela de dominio e uso público de titularidade do Estado español (propietario non incorporado á xunta de compensación) de acordo co disposto no artigo 134 da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

En cumprimento do disposto no artigo 133.8 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, en relación co artigo 102 da mesma norma, e disposición transitoria novena da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, acórdase o sometemento a información pública do citado proxecto de compensación, así como da ocupación directa da parcela titularidade do Estado español como propietario non adherido á xunta de compensación do polígono único do solo urbanizable do PXOM de Verín, polo prazo de 20 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, prazo durante o que o expediente poderá ser consultado no Servicio de Urbanismo deste concello para os efectos de que calquera persoa interesada formule as alegacións que considere oportunas.

Requisitos da ocupación directa.

Relación de terreos e propietarios afectados: parcela de forma irregular, de 474,8 m de superficie, que comprende o espacio libre de protección da estrada nacional 532; pertencente ó Ministerio de Fomento a título de expropiación forzosa.

Lindeiros:

Ó norte, sur e oeste coa parcela achegada nº 1, propiedade de Primosca, S.L.

Ó leste coa estrada nacional 532.

Aproveitamento urbanístico correspondente: 1,016% do aproveitamento total do polígono.

Polígono onde farán efectivo o seu dereito: no mesmo polígono obxecto do proxecto de compensación.

Verín, 30 de maio de 2003.

O alcalde

Rubricado