Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 07 de xullo de 2003 Páx. 9.051

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, da asistencia á Deputación Provincial da Coruña, para a contratación da dirección e coordinación da seguridade e saúde das obras incluídas no proxecto de reparación da ponte de Catoira.

1. Obxecto: o concurso ten por obxecto a contratación da asistencia á deputación para a contratación da dirección e coordinación da seguridade e saúde das obras incluídas no proxecto de reparación da ponte de Catoira, que figuran a continuación, cos orzamentos, garantías e clasificacións que se relacionan.

2. Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

3. Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación en horas de 9.00 a 13.00 dentro do prazo dos 15 días naturais que comezará a contar desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

4. O texto íntegro deste anuncio figura no BOP.

5. Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 27 de xuño de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

ObraOrzamento

Anualidades

Prazo de execución da obra que se vai dirixirClasificaciónGarantía provisionalGarantía definitiva

Reparación da ponte de Catoira193.104,16

Ano 2003: 171.648,14

Ano 2004: 21,456,02

Comprenderá o prazo de execución da obra a súa recepción e finalización do prazo de garantía definitivaNon se esixeNon se esixeNon se esixe