Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 07 de xullo de 2003 Páx. 9.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial de estudio de detalle para reordenación de volumes e reaxuste de aliñacións de parcelas sitas na rúa Pintor Virxilio Blanco, formulado por B.B.T., Sociedad Limitada.

A Comisión de Goberno, en sesión do 9 de xuño de 2003, acordou aprobar, con carácter inicial, o estudio de detalle formulado, mediante iniciativa particular, pola entidade mercantil B.B.T., Sociedad Limitada para reordenación de volumes edificables e reaxuste de aliñacións de parcelas situadas na rúa Pintor Virxilio Blanco, segundo documentación subscrita polo arquitecto Ricardo Aguilar Argenti, con data de visado colexial do 19-3-2003, dispoñéndose o seu sometemento a información pública.

Durante o prazo de vinte días, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (rúa Churruchaos, número 2, desta cidade), e formula-las alegacións e xustificacións que coide procedentes.

Pontevedra, 19 de xuño de 2003.

Miguel A. Fernández Lores

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral