Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 07 de xullo de 2003 Páx. 9.049

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de licitación, por concurso con procedemento aberto, para a contratación da obra de mellora de accesos e acondicionamento en Laxe.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Culleredo.

2. Obxecto do contrato: mellora de accesos e acondicionamento en Laxe.

a) Descrición: a que figura nos pregos.

b) Prazo de execución: 2 meses.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Orzamento: 74.032,05 euros, IVE incluído.

7. Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

8. Clasificación: non se esixe.

9. Obtención de documentos e información: Concello de Culleredo. Negociado de Contratación.

a) Domicilio: Rúa do Concello nº 12, Tarrío-Culleredo.

b) Código postal, localidade: 15189 Culleredo.

c) Provincia: A Coruña.

d) Teléfono: 981 67 77 77.

d) Fax: 981 67 76 46.

e) Data límite obtención documentos e información: ata o remate do prazo para presentación de ofertas.

10. Presentación de oferta: vinteseis (26) días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación (BOP ou DOG).

11. Documentación que hai que presentar: a que figura nos pregos.

12. Lugar de presentación: Concello de Culleredo, rexistro xeral, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas, sábados das 9.00 ás 13.00 horas.

13. Apertura de ofertas: en acto público o segundo xoves hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas ás 12.00 horas. Se fose festivo trasladarase ó seguinte xoves hábil.

a) Entidade: Concello de Culleredo.

b) Domicilio: Rúa do Concello nº 12, Tarrío.

c) Localidade: Culleredo.

14. Gastos de anuncios: aproximadamente 521 euros.

Culleredo, 16 de xuño de 2003.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde