Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 07 de xullo de 2003 Páx. 9.049

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ALLARIZ

ANUNCIO.

Faise público para xeral coñecemento que o Pleno do Concello de Allariz, en sesión que tivo lugar o día 9 de abril de 2003, acordou, pola maioría absoluta legal, aprobar definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Allariz.

O acordo de aprobación, así como a normativa do dito plan, aparecen publicados integramente no BOP de Ourense nº 106, do 10 de maio de 2003.

Contra este acordo, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da publicación do anuncio de aprobación no Diario Oficial de Galicia.

Faise constar, así mesmo, que, con esta mesma data, se remiten á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, unha copia autenticada do expediente administrativo completo e dous exemplares do plan definitivamente aprobado con tódolos planos e documentos que o integran debidamente dilixenciados polo secretario.

Este plan xeral entrará en vigor unha vez transcorridos os quince días hábiles a que se refire o artigo 65.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Allariz, 4 de xuño de 2003.

Francisco García Suárez

Alcalde