Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 07 de xullo de 2003 Páx. 9.047

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2003 pola que se ordena a publicación da desafectación do dominio público de varios inmobles da Universidade de Vigo.

A Universidade de Vigo é titular de varios inmobles sitos na rúa Areal nº 50 e 56, adquiridos nos anos 1995, 1996 e 1997. Ó mesmo tempo, a Universidade

de Vigo, en virtude do acordo entre Lois Pérez Castrillo, alcalde-presidente do Concello de Vigo e presidente do Padroado da E.U. de Relacións Laborais, e Domingo Docampo Amoedo, rector da Universidade de Vigo, para a integración da titulación de Relacións Laborais na Universidade de Vigo, adquiriu a titularidade dun ben inmoble sito na estrada provincial, nº 12, no termo municipal de Vigo.

O artigo 10.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, sinala que cando os bens e dereitos non fosen necesarios para o cumprimento dos fins determinantes da súa afectación, cesará a súa natureza demanial e adquirirán a condición de patrimoniais.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, establece no artigo 80 que os actos de disposición dos bens inmobles e dos mobles de extraordinario valor serán acordados pola universidade, coa aprobación do Consello Social.

O artigo 13 do Regulamento de organización e funcionamiento interno do Consello Social da Universidade de Vigo dispón que lle corresponde ó Consello Social autorizar-la disposición dos bens de dominio público, así como dos patrimoniais, logo da proposta da Xunta de Gobierno.

Considerando que por acordo do Consello da Universidade de Vigo, na súa reunión do día 22 de maio de 2003, se aprobou a desafectación dos bens inmobles que se describen neste documento, e a ratificación deste acordo polo claustro da Universidade de Vigo na súa sesión do 6 de xuño de 2003, e tendo en conta que o pleno do Consello Social desta universidade, en sesión que tivo lugar o día 23 de xuño de 2003, tomou entre otros o acordo de aproba-la desafectación dos inmobles que abaixo se recollen.

Este rectorado, en cumprimiento da normativa antes exposta,

RESOLVE:

Primeiro.-A publicación da desafectación do dominio público dos bens descritos a continuación:

Inmobles sitos na rúa Areal, nº 50 de Vigo.

-Predio número un. Trinta e dous enteiros catrocentas milésimas sobre cen (32,400%) do predio número un. As cuotas transmitidas do local número un concrétanse e dan dereito á utilización e desfrute en exclusiva das prazas de garaxe números vinteseis, vintesete, vinteoito, vintenove, trinta e trinta e un.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 986, folio 19.

-Predio número catro. Local comercial sito na planta baixa do edificio con fronte á zona porticada. Ocupa unha superficie de vintenove metros cincuenta decímetros cadrados na planta baixa e catrocentos catorce metros cadrados na entreplanta.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 980, folio 150.

-Predio número cinco. Local comercial sito na planta baixa do edificio con fronte á zona porticada. Ocupa unha superficie de oitena e un metros corenta decímetros cadrados.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 980, folio 152.

-Predio número seis. Local comercial sito na planta baixa do edificio con fronte á parcela cedida ó concello. Ocupa unha superficie de sesenta metros cadrados.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 980, folio 154.

-Predio número trinta e dous. Oficina letra B, sita na planta primeira con acceso polo portal nº dous. Ocupa unha superficie de cincuenta e un metros cadrados aproximadamente, distribuída en dous despachos, sala de espera e aseo.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 980, folio 206.

-Predio número trinta e catro. Oficina letra B, sita na planta segunda con acceso polo portal nº dous. Ocupa unha superficie de cincuenta e un metros cadrados aproximadamente, distribuída en dous despachos, sala de espera e aseo.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 980, folio 210.

-Predio número trinta e seis. Oficina letra B, sita na planta terceira con acceso polo portal nº dous. Ocupa unha superficie de cincuenta e un metros cadrados aproximadamente, distribuída en dous despachos, sala de espera e aseo.

Inscrito no Rexistro da Propiedad nº 1 de Vigo, tomo 980, folio 214.

-Predio número trinta e oito. Oficina letra B, sita na planta cuarta con acceso polo portal nº dous. Ocupa unha superficie de cincuenta e un metros cuadrados aproximadamente, distribuída en dous despachos, sala de espera e aseo.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 980, folio 218.

-Predio número corenta. Oficina letra B da quinta planta con acceso polo portal nº dous. Ocupa unha superficie de corenta metros cadrados aproximadamente, distribuída nun despacho e aseo.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 980, folio 222.

-Predio número trinta e un. Oficina letra A, sita na planta primeira con acceso polo portal nº dous. Ocupa unha superficie de cincuenta e cinco metros cadrados aproximadamente, distribuída en tres despachos, sala de espera e aseo.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 980, folio 204.

-Predio número trinta e tres. Oficina letra A, sita na planta segunda con acceso polo portal número dous. Ocupa unha superficie de cincuenta e cinco metros cadrados aproximadamente, distribuída en tres despachos, sala de espera e aseo.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 980, folio 208.

-Predio número trinta e cinco. Oficina letra A, sita na planta terceira con acceso polo portal número dous. Ocupa unha superficie de cincuenta e cinco metros cadrados aproximadamente, distribuída en tres despachos, sala de espera e aseo.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 980, folio 212.

-Predio número trinta e sete. Oficina letra A, sita na planta cuarta con acceso polo portal número dous. Ocupa unha superficie de cincuenta e cinco metros cadrados aproximadamente, distribuída en tres despachos, sala de espera e aseo.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 980, folio 216.

-Predio número trinta e nove. Oficina letra A, sita na planta quinta con acceso polo portal nº dos. Ocupa unha superficie de cincuenta e cinco metros cadrados aproximadamente, distribuída en tres despachos, sala de espera e aseo.

Inscrito no Rexistro da Propiedad nº 1 de Vigo, tomo 980, folio 220.

-Predio número corenta e un. Oficina letra A, sita na planta sexta con acceso polo portal número dous. Ocupa unha superficie de cincuenta e cinco metros cadrados aproximadamente, distribuída en tres despachos, sala de espera e aseo.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 980, folio 224.

Predio situado na estrada provincial, nº 12.

-Predio urbano sito no lugar de O Couto, termo municipal de Vigo, cunha superficie de novecentos trece metros cincuenta e tres decímetros cadrados, dentro do seu perímetro existe un edificio de semisoto, baixo, entreplanta e dúas plantas máis superiores, cunha superficie total de 2.486 m. Linda no norte coa estrada provincial; sur, de Bóvedas y Armaduras de Hormigón, S.L.; este, propiedade de Ángel Caride e de José Carreiro Alejos.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Vigo número 1, no tomo 1.006 de Vigo, folio 131 volto, predio número 27.447, inscripción 13ª.

Segundo.-A asunción da natureza patrimonial a favor da Universidade de Vigo dos bens referidos con anterioridade.

Vigo, 26 de xuño de 2003.

P.S. (Resolución 24-6-2003)

Salustiano Mato de la Iglesia

Vicerrector de Investigación