Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 07 de xullo de 2003 Páx. 9.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2003, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do expediente SR-OR-PA-CP 3/2002.

A Dirección Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril) da Consellería de Sanidade, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para cumprimento do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, de contratos coas administracións públicas acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (Área da Coruña), paseo Xeneral Sir John Moore nº 2, 15001 A Coruña.

2. Obxecto da contratación.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: servicio de limpeza e desinfección de diversos centros dependentes desta xerencia.

c) Lote: único.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 23, do 3 de febreiro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 1.025.700 euros (IVE incluído).

5. Adxudicación.

a) Data: 3 de xuño de 2003.

b) Contratista: Claro Sol, Sociedad Anónima.

Total adxudicado: 985.120,16 euros (IVE incluído).

A Coruña, 3 de xuño de 2003.

Luis Verde Remeseiro

Director xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol