Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 07 de xullo de 2003 Páx. 9.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Rosa Carballo Muñoz.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela tramítase o recurso número 167/03 (procedemento abreviado) interposto por Rosa Carballo Muñoz na súa condición de aspi

rante no proceso selectivo de persoal estatutario convocado por Resolución do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo).

A recorrente, aspirante da categoría de pinche, pretende a asignación de 25,59 puntos polo epígrafe de experiencia profesional, un total de 192,657 no concurso-oposición e a súa conseguinte inclusión na relación de aspirantes seleccionados.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2003.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos