Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 07 de xullo de 2003 Páx. 9.045

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2003, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área da Coruña, pola que se anuncia o concurso público 2/2003 (4 lotes) por procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a subministración de diversos aparellos de diagnóstico básico.

A Dirección-Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66 do 5 de abril) da Consellería de Sanidade, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración de diversos aparellos de diagnóstico básico.

Os licitadores poderán concorrer a un ou á totalidade dos lotes en que se divide o obxecto da subministración.

Orzamento: 76.500 euros (IVE incluído), (setenta e seis mil cincocentos euros).

Garantía provisional: 1.530 euros (mil cincocentos trinta euros).

-Lote 1: 4 electrocardiógrafos de 3-6 canales.

Orzamento: 13.200 euros (trece mil douscentos euros).

Garantía provisional: 264 euros (douscentos sesenta e catro euros).

-Lote 2: 12 desfibriladores.

Orzamento: 43.200 euros (corenta e tres mil douscentos euros).

Garantía provisional: 864 euros (oitocentos sesenta e catro euros).

-Lote 3: 5 autoclaves.

Orzamento: 14.000 euros (catorce mil euros).

Garantía provisional: 280 euros (douscentos oitenta euros).

-Lote 4: 2 timpanómetros.

Orzamento: 6.100 euros (seis mil cen euros).

Garantía provisional: 122 euros (cento vintedous euros).

Forma de adxudicación: concurso público polo procedemento aberto e trámite ordinario.

Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os criterios que a continuación se especifican:

1. Prezo: ata 40 puntos.

2. Calidade: ata 30 puntos.

3. Servicio: ata 30 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no departamento de subministración da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área da Coruña, sito na rúa Pasteur, nº 22 (polígono da Grela), 15008 A Coruña, teléfono 981 25 14 50, fax 981 25 16 66 en días hábiles desde as 9.00 ata as 14.00 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área da Coruña, Paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2, segundo andar, antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG; ou por correo, na forma indicada no punto 5.2.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida para tal efecto, en acto público, na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, sita na Coruña, no Paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2, ás 10.00 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar ó seguinte día hábil.

Documentación que terán que achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso será por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 2 de xuño de 2003.

Luis Verde Remeseiro

Director-xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol