Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 04 de xullo de 2003 Páx. 8.989

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2003, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto e trámite ordinario, de alugamento, con opción de compra, de equipos informáticos (C.P. 25/2003).

O xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo conselleiro de Sanidade na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), convoca o seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo e dependencia que tramita o expediente: Complexo Hospitalario de Ourense; Servicio de Compras; rúa Ramón Puga, 52. E, 32005 Ourense. Teléfono 988 38 57 02, fax 988 38 58 49.

b) Número de expediente: C.P. 25/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: alugamento, con opción de compra, de ordenadores e impresoras.

b) Número de unidades que se van entregar: as indicadas no punto 5.1 da cara do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lote: único.

d) Lugar de entrega: Complexo Hospitalario de Ourense.

e) Prazo de entrega: ver punto 7.2 da cara do prego.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 360.000,00 euros, IVE incluído.

5. Garantías esixidas.

Provisional: 7.200,00 euros.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación (ó adxudicatario).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade e domicilio: o da entidade adxudicadora do punto 1 desta resolución.

b) Data límite de obtención de documentos: 14 de xullo de 2003, en días hábiles das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

7. Solvencia económica, financeira e técnica do contratista: ver puntos 15 e 16 da cara do prego.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 21 de xullo de 2003, ata as 14.00 horas. Cando o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación rematará o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: ver punto 20 da cara do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Complexo Hospitalario de Ourense.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: si.

9. Apertura das ofertas.

a) Data, hora e lugar de apertura: 1 de agosto de 2003 ás 9.00 horas, na sala de xuntas da Dirección de Recursos Económicos do Complexo Hospitalario de Ourense.

10. Outras informacións.

a) Criterios de adxudicación:

1. Importe económico, ata 40 puntos.

2. Características técnicas dos equipos, ata 40 puntos.

3. Condicións de mantemento, ata 15 puntos.

4. Outras melloras, ata 5 puntos.

b) Lingua na que debe figura-la documentación que se vai presentar: castelán ou galego.

c) Prazo de execución: 36 meses desde a instalación.

d) Data de publicación, no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa: non se publicou.

e) Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: (reservado á OPOCE).

11. Gastos de anuncios: o pagamento dos anuncios do concurso será por conta do adxudicatario.

12. Data do envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 30 de maio de 2003.

13. Páxina web onde se poden consulta-los pregos: http://www.sergas.es

Ourense, 23 de maio de 2003.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense