Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 04 de xullo de 2003 Páx. 8.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2003 pola que se anuncia o sometemento a información pública da petición de modificación da concesión para aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica no río Verdugo, concello da Lama, outorgada á sociedade Minicentrales del Verdugo, S.L. por resolución do presidente de Augas de Galicia do 14 de maio de 2001, xunto co proxecto de obra civil e o estudio de impacto ambiental (expediente 1/298/16, C.H. de Ramallal).

Con data do 14 de maio de 2001 o presidente de Augas de Galicia dictou resolución polo que se outorgou a Minicentrales del Verdugo, S.L. a concesión para o aproveitamento de augas do río Verdugo e do regato de Xaque (río Galcira), para derivar un caudal de auga de ata 3.000 l/s, entre as cotas 523-390 do río Verdugo e entre a cota 525 do regato de Xaque e a confluencia deste co río Verdugo, no concello da Lama, provincia de Pontevedra.

Na mencionada resolución de outorgamento especificábase que debería ser redactado un proxecto constructivo, correspondente ó proxecto de concesión, no que se xustifiquen e valoren con detalle tódo-los elementos constructivos do aproveitamento.

Deste xeito Minicentrales del Verdugo, S.L., presenta un proxecto constructivo no que introduciu modificacións con respecto ó outorgado, incrementando o caudal concesional en 1.820 l/s, e diminuíndo o salto en 42 m, polo que o novo tramo ocupado estará comprendido entre as cotas 515,30-424,30 m.s.n.m. do río Verdugo, excluíndo do aproveitamento o regato de Xaque.

Xunto co proxecto presentou instancia na que solicita autorización para a modificación presentada, a declaración de utilidade pública e a aprobación do proxecto constructivo asinado na Coruña en decembro de 2002 pola enxeñeira de Camiños, Canais e Portos Nuria González González (col. nº 13.337) e o enxeñeiro industrial Jorge Núñez Ares (col. nº 1.102).

En cumprimento da Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, e do Decreto 442/1990, de 13 de setembro, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considerou que a modificación solicitada será sometida a avaliación de impacto ambiental, para o que o concesionario presentou o correspondente estudio de impacto ambiental.

Nos anexos que se inclúen máis abaixo transcríbense os datos máis relevantes da modificación solicitada e do proxecto en cuestión, cunha breve descrición das obras que hai que executar. Xúntase

tamén a relación de propietarios, bens ou dereitos afectados por tales obras.

Con este anuncio, sométese ó trámite de información pública, en cumprimento do artigo 5 do Decreto 442/1990 de avaliación de impacto ambiental, e da normativa específica de augas, o estudio de impacto ambiental, o proxecto técnico e a relación de propietarios, xunto cos seus bens e dereitos que resultan afectados polas obras hidroeléctricas de referencia, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións estimen procedentes (indicando a clave sinalada no encabezamento deste anuncio), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, ante o Rexistro do Servicio Territorial da Demarcación Galicia-Centro de Augas de Galicia, sito na praza de Vigo 2, entresollado, 15706, Santiago de Compostela, dentro do prazo improrrogable de trinta (30) días hábiles.

Este trámite de información pública efectúase en cumprimento do Decreto 63/1997, do 14 de marzo, e segundo o disposto no artigo 86 da Lei das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que faculta ós interesados para formula-las alegacións que teñan por conveniente durante o prazo establecido no parágrafo anterior.

O prazo comezará a contarse a partir da data da última das publicacións que corresponde facer deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta ningún escrito.

Para os expresados efectos, este anuncio xunto cos documentos técnicos e ambientais, ademais da súa inserción nas publicacións mencionadas exporanse ó público no taboleiro de anuncios do concello da Lama e nas dependencias de Augas de Galicia, Demarcación Centro.

Os que se consideren interesados terán, para efectos informativos, á súa disposición unha copia da petición, da documentación técnica e do estudio de impacto ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

* Augas de Galicia-Demarcación Centro: praza de Vigo 2, entresollado, 15706, Santiago de Compostela (A Coruña).

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental: r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

* Concello da Lama: José Antonio, 1, A Lama, 36830 Pontevedra.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2003.

P.D. (Resolución 9-4-2003, DOG 16 de abril)

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia

ANEXO I

Descrición das obras proxectadas

Peticionario e promotor: Minicentrales del Verdugo, S.L.

Enderezo: r/ Cantón Grande nº 6, 6º A; 15003 A Coruña.

Denominación do aproveitamento: Central de Ramallal.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal máximo derivado: 4.820 l/sg.

Corrente de derivación: río Verdugo (cota do aliviadoiro do azude: 515,30 m).

Corrente de restitución: río Verdugo (cota de restitución ó río: 424,30 m).

Desnivel (salto bruto): 91,00 m.

Altura desde o leito do río ata o aliviadoiro: 2,50 m.

Potencia xeradores: 3.250 e 1.375 kVA respectivamente (4.625 kVA).

Concello onde radican a toma e demais obras: A Lama (Pontevedra).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Presa: proxectouse un azude de gravidade de planta recta, localizado uns metros augas abaixo da localidade de Seixido e inmediatamente augas abaixo do regato das Covas, sendo a cota do leito do río de 512,80 m.s.n.m. e a do aliviadoiro de 515,30 m.s.n.m. A largura total do azude é de 23,10 m tendo o aliviadoiro unha lonxitude de 23,10 m.

Instalouse un desaugadoiro de fondo de 0,4 m de diámetro coa correspondente comporta de peche.

Obra de toma: a captación de augas faise na marxe dereita, dispoñéndose nela un areeiro de sección rectangular (23 mx6 m) e 2,93 m de altura de lámina de auga. O areeiro termina nunha cámara pechada onde se sitúa a orixe da tubaxe forzada, cunha válvula de bolboreta e a cheminea de entrada de aire na tubaxe para o caso de peche rápido da válvula.

Tubaxe forzada: instalarase unha tubaxe de 2.067,87 m de lonxitude de aceiro ó carbono con protección contra a corrosión, cun diámetro exterior

de 1,829 m e espesores de 7,1 mm e 8,7 mm na zona de maior presión. A tubaxe parte da cámara situada ó final do areeiro, co eixe na cota 512,3 m.s.n.m., discorrendo pola marxe dereita do río Verdugo nuns tramos enterrada e noutros aérea, ata chegar á central onde presenta unha bifurcación en dúas ramas de diámetro exterior 1.321 mm e 864 mm respectivamente, con espesores de 7,1 e 6,4 mm, cada unha alimentando a súa correspondente turbina.

Central: o edificio da central localízase na marxe dereita do río Verdugo, á cota 428,3 m.s.n.m. fronte á localidade de Gaiteira. As dimensións serán de 28,34x14,94 m e 13 m de alto, á que se une un soportal de 7,32 m, polo que a ocupación sobre o terreo será de 630,85 m.

Equipos electromecánicos: a central irá equipada con dúas turbinas FRANCIS de eixe horizontal, cunha capacidade total de 4,82 m/s (3,4 m/s e 1,42 m/s). Unidos ós rodetes das turbinas temos dous xeradores síncronos trifásicos de eixe horizontal de 1.500 e 1.000 rpm e 1.375 e 3.250 kVA de potencia. Instalarase un transformador trifásico para conexión do xerador á rede de 5.000 kVA e outro para os servicios auxiliares das instalacións de 50 kVA.

Accesos: o acceso ó azude realizarase desde unha vía existente de recente construcción, Pélete-Río Verdugo do que partirá unha pista de 537,671 m de lonxitude e 4 m de largo.

Para o acceso á central construirase unha pista que se conecta a un camiño existente que parte da localidade de Forno. Estará constituída por dous tramos, o primeiro parte do camiño que conduce ó azude e ascende pola ladeira dereita do río ata unir co camiño anterior, de 301,672 m de lonxitude e 4 m de largo; e o segundo tramo continúa desde o final do camiño de Forno ata a central tendo unha lonxitude de 312,656 m e 4 m de largo.

* Afeccións:

Efectuouse a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento hidroeléctrico.

* Estudios de impacto ambiental:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

ANEXO II

Relación de bens, dereitos e propiedades afectadas

Concello da Lama

PolígonoNº predioCultivoPropietarioAfección

(m)

Afección

(m)

TipoElemento

22906Monte altoNair Lorenzo Muradás e Rpte. Alda Lorenzo Castro22862Pleno dominioCaptación do azude, tubaxe, camiño de acceso ó azude, liñas de datos e alimentación eléctrica ó azude

22904Monte altoHdos. Concepción Soidan Cota e Rpte. Esther Vaqueiro10464Pleno dominioTubaxe, liñas de datos e alimentación eléctrica ó azude

22902EucaliptalAlfonso Gil Cota14258Pleno dominioTubaxe, liñas de datos e alimentación eléctrica ó azude

22890Monte altoNair Lorenzo Muradás, (Rpr: Alda Lorenzo Castro)31819Pleno dominioTubaxe, liñas de datos e alimentación eléctrica ó azude

PolígonoNº predioCultivoPropietarioAfección

(m)

Afección

(m)

TipoElemento

22884EucaliptalAdoración Barreiro Cota21355Pleno dominioTubaxe, liñas de datos e alimentación eléctrica ó azude

22883EucaliptalGonzalo Martínez Moreira18307Pleno dominioTubaxe, liñas de datos e alimentación eléctrica ó azude

22879aMonte baixoMonte Comunal Covelo, (Rpte. Alfonso Gil Cota)46114152Pleno dominioTubaxe, liñas de datos e alimentación eléctrica ó azude

22879cMonte baixo-eucaliptalAlfonso Gil Cota941904Pleno dominioTubaxe, liñas de datos e alimentación eléctrica ó azude

22879cMonte baixo-eucaliptalAlfonso Gil Cota125992Servidumbre de pasoAcceso á central

22765Monte altoLeonila Perdiz Martínez, José Carlos Nuñez Perdiz e Mª do Carmo Nuñez Perdiz. Saluda Perdiz Martínez e María Cerdeira Pérez3735Pleno dominioTubaxe, liñas de datos e alimentación eléctrica ó azude

22782Monte altoMª. Cruz Muiños Durán293Pleno dominioTubaxe, liñas de datos e alimentación eléctrica ó azude

22879aMonte baixoMonte Comunal Covelo, (Rpte. Alfonso Gil Cota)4553308Pleno dominioSuperficie de encoro

21879aMonte baixoMonte Comunal Covelo, (Rpte. Alfonso Gil Cota)67852Pleno dominioAzude, captación e camiño de acceso ó azude

22879aMonte baixoMonte Comunal Covelo, (Rpte. Alfonso Gil Cota)6318730Pleno dominioCamino de acceso ó azude e á central

22879aMonte baixoMonte Comunal Covelo, (Rpte. Alfonso Gil Cota)173613420Servidumbre de pasoCamino de acceso á central

22912Monte altoAlsira Castro Suárez, (Rpte. Rosalía Castro Barreiro)45902Pleno dominioCamino de acceso ó azude

22913Monte altoAlfonso Gil Cota46116Pleno dominioCamino de acceso ó azude

22914Monte altoAlfonso Gil Cota233Pleno dominioCamino de acceso ó azude

22944Monte altoJosé Durán Portela76Pleno dominioCamino de acceso ó azude

22948Monte altoJosé Durán Portela32165Pleno dominioCamino de acceso ó azude

22988Monte altoGuadalupe González Portela34224Pleno dominioSuperficie de encoro

22989Monte altoClemente Martínez Malvar, (Rpte.Lademira Martínez Malvar)32103Pleno dominioSuperficie de encoro

21840Monte altoAlejandro Moreira Carrera4396Pleno dominioSuperficie de encoro

21843Monte altoCesar Portela Villanueva, (Rpte. María Sieiro Tieles)37201Pleno dominioSuperficie de encoro

21852Monte altoAlejandro Moreira Carrera1851354Pleno dominioSuperficie de encoro

21853Monte altoManuel Janeiro Vaqueiro60150Pleno dominioSuperficie de encoro

21862Monte altoDionilda Dacal Gómez, (Rpte. Mercedes Carballal Barreiro)1891Pleno dominioSuperficie de encoro

21863Monte altoMaría del Rosario Barreiro Baqueiro44284Pleno dominioSuperficie de encoro

21866Monte altoJorge Vaqueiro1160Pleno dominioSuperficie de encoro

21867Monte altoCesar Portela Villanueva, (Rpte. María Sieiro Tieles)638Pleno dominioSuperficie de encoro

21869Monte altoManuel Justo Vaqueiro16186Pleno dominioSuperficie de encoro

21644Monte altoMaría del Rosario Barreiro Baqueiro30316Pleno dominioSuperficie de encoro

21579-891Monte altoMonte Comunal Seixido, (Rdte. Carlos Piñeiro Teodosio)11140Pleno dominioSuperficie de encoro