Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 04 de xullo de 2003 Páx. 8.986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Armadores de Buques Pesqueros Porto de Ríos.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Armadores de Buques Pesqueros Porto de Ríos, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán ser socios os armadores de buques pesqueiros que estean dados de alta como tales no réxime xeral de autónomos ou similares.

Asinan a acta de constitución: Juan Baldomar Santos e cinco persoas máis.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais