Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 04 de xullo de 2003 Páx. 8.986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da asociación empresarial Clúster do Audiovisual Galego.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da asociación empresarial Clúster do Audiovisual Galego, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: adquírese a condición de socio reunindo os requisitos seguintes: que a empresa ou os membros da asociación dispoñan de domicilio social, servicios ou instalacións en Galicia, e que parte da facturación da empresa ou dos ingresos da asociación proceda directa ou indirectamente da industria audiovisual.

Asinan a acta de constitución: María Ignacia Ceballos González-Llanos, en representación da entidade Zenit Multimedia, S.A., e catro persoas máis actuando en representación doutras tantas entidades.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais