Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 04 de xullo de 2003 Páx. 8.990

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 2 de xuño de 2003, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para a ordenación da unidade de execución nº 22 sita en Cambre, presentada por Emilio Cortés Varela en representación de Patrucial, S.L. e redactado polo arquitecto Emilio Cortés Varela.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se consideren pertinentes. O expediente poderá ser consultado nas oficinas da Área de Urbanismo e Réxime Interior deste Concello.

Cambre, 5 de xuño de 2003.

P.D. (23-7-1999)

Augusto Rey Moreno

Alcalde en funcións