Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 04 de xullo de 2003 Páx. 8.966

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se anuncia a publicación das puntuacións provisionais da fase de concurso dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores do ensino secundario en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade coa base común 7.1 da Orde de 28 de febrero de 2003 pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensinanza secundaria e outros, establece que a valoración dos méritos presentados polos aspirantes será efectuada, en nome dos tribunais, por unha comisión integrada por funcionarios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Realizada esta baremación cómpre darlle publicidade.

En consecuencia, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas delegacións provinciais, a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, as puntuacións provisionais dos baremos dos corpos de profesores de ensino secundario establecidos na Orde do 28 de febreiro de 2003.

Segundo.-Contra estas puntuacións poderá presentarse reclamación no prazo de dez días naturais contados a partir do día seguinte da súa publicación.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2003.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal