Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 04 de xullo de 2003 Páx. 8.962

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Residencia de Anciáns Nuestra Señora del Carmen de Sarria.

Visto o acordo da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Residencia de Anciáns Nuestra Señora del Carmen de Sarria (código 2700762), da provincia de Lugo, asinado o día 17 de marzo de 2003, pola representación da citada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90 números 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegacion provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da revisión do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 9 de maio de 2003.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

Acta

Asistentes:

Pola empresa:

Luis Pardo Fernández (34256996).

Josefa Castro Fernández (34463494).

Pola parte social:

Amalia Toirán Armesto (76613676), representante sindical de CC.OO., 100%.

Luis Anxo Fernández Pena (33832404), asesor de CC.OO.

En Sarria, sendo as 17.00 horas do día 17 de marzo do ano 2003, xúntanse nos locais da Residencia de Anciáns Nuestra Señora del Carmen de Sarria, as persoas sinaladas á marxe, todas elas da comisión negociadora para o persoal da Residencia de Anciáns Nuestra Señora del Carmen de Sarria (Lugo) e, despois de amplas deliberacións, adoptan os seguintes acordos:

Primeiro.-Apróbanse as táboas salariais para o ano 2003, co incremento salarial de 21,17 euros/mes para tódalas categorias (anexo I).

Segundo.-Para as revisións económicas terase en conta a cláusula de revisión salarial, que garantirá sempre o poder adquisitivo en caso de desviación do IPC do ano 2003.

Terceiro.-Acórdase non desconta-lo complemento de asistencia no período vacacional.

Cuarto.-Acórdase ampliar nun día mais os permisos por asuntos propios, pasando para o ano 2003 a un total de sete (7) días.

Quinto.-Acórdase a reducción de xornada, pasando para o ano 2003 a ser de 39 horas semanais.

Sexto.-Acórdase a cobertura das baixas de longa duración.

Sétimo.-Acórdase que a empresa dotara o persoal de guantes suficientes para o desenvolvemento do seu traballo.

Oitavo.-Acórdase finalmente remiti-las presentes actas e o texto do convenio, xunto cos seus anexos, á autoridade laboral competente para os efectos legais oportunos.

E non tendo máis asuntos que tratar, péchase a xuntanza sendo as 18.00 horas da data sinalada ó comenzo.

Rubricado.

ANEXO

Táboas salariais para o ano 2002

CategoríasSalario

base

Compl.

de

asistencia

Compl. de domingos e festivos

Director1.198,4275,7738,63
Xerente1.148,4275,7738,63
Médico1.003,2175,7738,63
ATS/DUE805,6775,7738,63
Asistente social805,6775,7738,63
Fisioterapeuta805,6775,7738,63
Terapeuta ocupacional805,6775,7738,63
Gobernanta664,1175,7738,63
Porteiro-recepcionista639,7575,7738,63
Animadora social639,7575,7738,63
Auxiliar de clínica639,7575,7738,63
Cociñeira639,7575,7738,63
Auxiliar administrativo639,7575,7738,63
Axudante de cociña600,6575,7738,63
Camareira-limpadora600,6575,7738,63
Oficios varios600,6575,7738,63

ANEXO I

Táboas salariais para o ano 2003

CategoríasSalario

base

Compl.

de

asistencia

Compl. de domingos e festivos

Director1.219,5975,7738,63
Xerente1.219,5975,7738,63
Médico1.024,3875,7738,63
ATS/DUE826,8475,7738,63
Asistente social826,8475,7738,63
Fisioterapeuta826,8475,7738,63
Terapeuta ocupacional826,8475,7738,63
Gobernanta685,2875,7738,63
Porteiro-recepcionista660,9275,7738,63
Animadora social660,9275,7738,63
Auxiliar de clínica660,9275,7738,63
Cociñeira660,9275,7738,63
Auxiliar administrativo660,9275,7738,63
Axudante de cociña621,8275,7738,63
Camareira-limpadora621,8275,7738,63
Oficios varios621,8275,7738,63

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA