Advertidos erros na devandita orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 27, do 2 de xullo de 2003, cómpre face-las oportunas correccións:
-Na páxina 8.775 na columna da dereita no terceiro parágrafo onde di: «Ó persoal das categorías 001 (camareiro/a-limpador/a e outras) e 011 (limpador/a e outras) do grupo V que obtivese destino na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nun posto de traballo a tempo parcial de 9,5 meses, o prazo de toma de posesión suspenderáselle ata o 15 de setembro», debe dicir: «Ó persoal das categorías 001 (camareiro/a-limpador/a e outras) e 011 (limpador/a e outras) do grupo V que obtivese destino na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nun posto de traballo a tempo parcial de 9,5 meses, o prazo de toma de posesión será a partir do día seguinte da publicación ata o 19 de xullo inclusive suspendéndose o prazo de toma de posesión ata o 10 de setembro».