Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 04 de xullo de 2003 Páx. 8.961

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo para a aplicación do IPC para o ano 2002 no convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Lugo.

Visto o acordo para a aplicación do IPC para o ano 2002 no convenio colectivo para o sector do transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Lugo (código 2700515), asinado o día 25 de marzo de 2003, pola representación da patronal e da central sindical UGT (59,1%), e de conformidade co dis

posto no artigo 90, números 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegacion provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do do mentado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 2 de maio de 2003.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

ACTA

Asistentes:

Pola parte empresarial:

Luis Abeledo Fernández.

Jesús García-Gesto López.

Antonio López Rodríguez.

Manuel Trigo Pérez.

S. Raúl J. López Rodríguez.

Polo sindicato UGT:

Manuel Pardo Fernández.

Manuel Busto Veiga.

Manuel Becerra Díaz.

Eladio A. Romero Ares.

Ana Núñez Sanjurjo.

Acta da reunión da comisión paritaria para a revisión salarial do ano 2002, do convenio do transporte de viaxeiros por estrada da provincia de Lugo (código 2700515).

En Lugo, ás once horas do día 25 de marzo de 2003, reúnense na estación de autobuses de Lugo as persoas relacionadas á marxe, representantes das organizacións patronais e sindicais, integrantes da comisión negociadora, co obxecto de cuantifica-las diferencias salariais por incremento do IPC do ano 2002 (que resultou ser do 4%, e o aumento pactado foi do 3,5%), polo que existe unha diferencia a prol dos traballadores do 0,5%, pagadeira este mes, segundo estipula o artigo 26 do convenio.

Feitos os cálculos oportunos, acórdase aplica-la cantidade de setenta e catro euros con noventa e oito céntimos (74,98 euros) a tódolos traballadores afectados, quedando así liquidados os atrasos de convenio do ano 2002.

Non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás once trinta horas, e esténdese esta acta por sextuplicado exemplar, que tódolos asistentes asinan, no lugar e na data expresados ó comezo.